Elena Alonso Prieto, profesora titular da Área de Explotación de Minas, foi elexida este mércores -18 votos a favor, 1 abstención e ningún en contra- nova directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía substituíndo no cargo á profesora María Araújo, que exercía como directora en funcións tras asumir Natalia Caparrini, a anterior directora, o cargo de vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.
04/07/2018