A Vicerreitoría do campus de Pontevedra e Consello Social da Universidade de Vigo manteñen neste 2024 unha liña de colaboración centrada no impulso de iniciativas ligadas ao proxecto de especialización Campus Crea e no desenvolvemento de diferentes actividades.
A Universidade de Vigo continuará sendo unha das promotoras do Pont-Up Store, tras a sinatura dun convenio de colaboración coa asociación responsable da organización deste evento, impulsado en 2014 polo grupo de investigación G4 Plus.
Diferentes iniciativas que a Universidade vai desenvolver nos próximos meses en Pontevedra, como actividades centradas na empregabilidade do alumnado, unha xornada de portas abertas ou unha nova edición da Semana da Creatividade, foron abordadas polo Consello de Campus este luns.
Alumnado da Facultade de Dereito do campus de Ourense visitou este luns a Deputación de Ourense para coñecer o funcionamento interno, desde o punto de vista técnico, da institución provincial. Na súa visita foron recibidos por Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira.
Tras a reunión que a pasada semana mantiñan o reitor da Universidade de Vigo e o presidente da Deputación de Pontevedra, a institución provincial anunciou este luns un investimento de 165.000 euros para impulsar unha serie de proxectos conxuntos no 2024.
O Consello de Campus de Ourense celebrou este venres unha sesión ordinaria que, presidida por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, tivo como protagonista principal o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense.
Analizar novas vías de cooperación entre Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra foi un dos obxectivos da reunión que este martes mantivo o reitor, Manuel Reigosa, co presidente da institución provincial, Luis López.
Co concepto de tempo como núcleo temático, a Semana Galega de Filosofía celebrará do 1 ao 5 de abril os seus 40 anos de traxectoria, e farao contando novamente coa colaboración da Universidade de Vigo.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense súmase á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa posta en marcha dun concurso fotográfico. A súa temática, indican desde o centro, é A muller de hoxe.
Tras recibir o apoio do 88% das persoas participantes na Xunta de Facultade celebrada este xoves, Óscar García afrontará un segundo mandato á fronte de Ciencias da Educación e do Deporte.
A Escola Infantil Concepción Saiz Otero do campus de Ourense ten aberto o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2024/2025. O centro forma parte do programa de gratuidade no primeiro ciclo de educación infantil da Xunta de Galicia.
A Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense participa desde o pasado 15 de febreiro e ata o 15 de marzo na XX edición da Olimpíada Solidaria de Estudo, organizada por Coopera ONG.
Decano de Ciencias da Educación e do Deporte desde 2021, o profesor da Área de Educación Física e Deportiva Óscar García optará a un segundo mandato á fronte desta facultade na votación que terá lugar o vindeiro xoves 29 de febreiro.
A Universidade de Vigo súmase á conmemoración este mes do Día Mundial da Xustiza Social, o 20 de febreiro, coa celebración dun programa de actividades divulgativas que inclúe unha conferencia, un obradoiro e sobre todo a publicación dun minidicionario sobre esta temática.
Con motivo da celebración o 12 de abril do Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados e o Día da Cosmonáutica, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense convoca a segunda edición do seu concurso de fotografía AeroVision 2024.