Presentar, tanto aos seus numerosos visitantes como aos propios veciños e veciñas, un conxunto de información que permita entender “a configuración dunha vila singular, a partir da xeografía, da historia, da arquitectura e do seu urbanismo” é, como salienta o catedrático da Universidade de Vigo Rafael Vallejo, o obxectivo principal da guía Combarro, patrimonio cultural de Galicia, que este xoves presenta no Museo de Pontevedra.
21/04/2022