Analizar vías de colaboración para unha posible candidatura de Pontevedra á Rede de Cidades Creativas da Unesco foi obxectivo da reunión que mantiveron responsables do Concello e da Vicerreitoría do campus.
O VIII Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia xa ten gañadoras e gañadores: 12 rapazas e rapaces de cinco centros educativos da provincia.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 17 de febreiro cunha andaina de montaña que descorrerá pola serra de San Mamede.
O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves a resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia pola que se acredita o Campus Auga como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia.
No día previo ao peche da campaña das eleccións galegas, a Facultade de Dirección e Xestión Pública acollerá un debate electoral no que participarán membros das candidaturas das cinco formacións sinaladas como representativas ou significativas pola Xunta Electoral.
Como un espazo para a docencia de materias ligadas ao audiovisual, pero tamén para a proxección de múltiples contidos, preséntase a Aula de Cine da Facultade de Comunicación.
O venres 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. A iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador deste ampus.
O pasado ano a Universidade de Vigo puxo en marcha un Distintivo de Empregabilidade destinado a recoñecer e incentivar a promoción de accións realizadas neste eido nos seus diferentes centros docentes.
Arredor de medio centenar de estudantes do Ciclo Superior de Educación Infantil no CIFP Portovello achegáronse este luns ao campus de Ourense para participar nunha xornada na Facultade de Educación e Traballo Social na que traballaron arredor do fomento da lectura na primeira infancia.
Este venres Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, remitiu á comunidade universitaria unha carta aberta sobre a integración das escolas adscritas de Enfermaría na UVigo.
A Universidade de Vigo contará coa colaboración do Museo de Pontevedra nos traballos para acadar a acreditación do Campus Crea como campus de especialización. Así o sinalaron a vicerreitora do campus e a directora do Museo tras a reunión que mantiveron este xoves na Casa das Campás.
Un total de 25 representantes de 14 universidades españolas participan este xoves e venres na sede da Vicerreitoría do campus de Pontevedra nunha reunión da comisión de intercambio de aloxamentos universitarios.
Este martes pola noite, o Teatro Jofre de Ferrol acolleu o acto de entrega das distincións ao mérito deportivo da Xunta de Galicia, presidido polo presidente Alfonso Rueda. Entre as 108 persoas e entidades que as recibiron estiveron os profesores do campus de Ourense Patricio Sánchez e María del Pino Díaz.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo arranca este sábado 27 de xaneiro. Será cun percorrido polo coto de Novelle e a vila termal de Arnoia (Ourense).
Coa ollada posta nas eleccións galegas do vindeiro 18 de febreiro, este luns o campus de Ourense recibiu a visita da cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, acompañada por membros desta lista e do seu partido.