DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha xuntanza celebrada este luns nas instalacións universitarias

Membros da lista do BNG por Ourense reúnense con responsables académicos

Co obxectivo de dialogar sobre as necesidades do campus, dos seus centros e dos seus colectivos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Democracia
  • Institucional
DUVI Ourense 22/01/2024

Coa ollada posta nas eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro, este luns o campus de Ourense recibiu a visita da cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, acompañada por membros desta lista e do seu partido, como Iago Tabarés e Luis Seara. Reuníronse co vicerreitor deste campus, Francisco Javier Rodríguez Rajo, e cunha representación dos decanatos e direccións dos diferentes centros universitarios. A xuntanza, que se celebrou na Vicerreitoría do campus, foi solicitada polo Bloque Nacionalista Galego co obxectivo de escoitar de primeira man as necesidades do campus, dos seus centros e colectivos e de dialogar sobre as propostas do BNG no ámbito universitario.