Na formación do futuro profesorado, as prácticas externas que desenvolven en centros educativos achegan unha “aprendizaxe experiencial, na que os coñecementos e habilidades son máis fáciles de interiorizar, logrando así unha aprendizaxe realmente significativa”, salienta a investigadora Rebeca Santiago, que centrou a súa tese de doutoramento na análise das competencias desenvolvidas neste período formativo polo alumnado do Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.
08/01/2021