Mellorar as oportunidades laborais das egresadas e egresados da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Este é un dos grandes obxectivos do novo equipo decanal do centro, unha nova dirección liderada polo profesor Jorge Falagán e que chega ao cargo, “baixo o paraugas da transparencia e o respecto”, “con humildade, ilusión, dedicación, rigor e gañas de integrar ao maior número de persoas ao seu proxecto” e, sobre todo, “coa firme intención de tentar situar á facultade no lugar que se merece”.
30/10/2018