De “piar do noso país” cualificou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, o sistema investigador galego e máis concretamente a investigación que se desenvolve nas universidades galegas que acaparan, lembrou, máis do 60% desa actividade. Unhas manifestación que Vázquez realizou hoxe no transcurso dunha vista á Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, na que acompañado do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o director do centro, Ricardo Beiras, coñeceu en detalle as instalacións e a actividade que se desenvolve no centro inaugurado no ano 2006.
O conselleiro que xustificou a súa visita asegurando que se trataba “dun aplauso ao noso importante sistema investigador”, afirmou que cómpre seguir traballando para axudar aos grupos de investigación.
20/09/2012