A necesidade de Campus do Mar, unha vez transformado en Campus de Excelencia Internacional, de incorporar investigadores postdoutorais coa finalidade de enriquecer os grupos de investigación e avanzar na formación de redes Internacionais, encaixou á perfección na convocatoria do programa COFUND da Unión Europea que ten o obxectivo de co-financiar, ata un máximo dun 40%, programas de contratación de investigadores que impliquen mobilidade transnacional. A proposta presentada por Campus do Mar para incorporar durante tres anos a 10 doutores procedentes do estranxeiro, así como a españois que leven tres anos fóra do país, acadou a través de COFUND 900.000 euros aos que se sumarán 1,3 millóns de euros que achegará o propio campus, para completar o total do financiamento do proxecto que ascende a 2,2 millóns.
18/07/2012