Son 33 fotografías de persoas que viven na rúa das cidades de Vigo, Bilbao, Valencia e Sevilla. Alén da súa calidade estética, cada unha delas agocha tras de si unha historia persoal pero tamén unha historia de exclusión social. Para visibilizar e darlle voz a este colectivo e para concienciar á comunidade universitaria e á cidadanía ourensá sobre a súa situación, Médicos do Mundo-Galicia e a Vicerreitoría do Campus de Ourense organizan dentro do Outono Fotográfico a mostra Cidade de tod@s, fogar dalgun@s?. A iniciativa, que se pode ver ata o 30 de novembro, recolle obras de Sara Janini, Salva Campillo e Enrique López.
28/10/2011