“En tempos como os actuais, onde se fai moito fincapé nas metas, hai que lembrar que son os camiños, os tránsitos, os que configuran a historia e as identidades, os que nos fan o que somos”. Deste xeito resumía Beatriz Comendador, decana da Facultade de Historia do campus de Ourense, a importancia que teñen os grandes camiños no desenvolvemento das comunidades, tema de debate do III Ciclo de conferencias mundo hispano-atlántico: vías de comunicación e tráfico comercial que este xoves organiza o Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo.
18/10/2012