Máis dun cento de participantes asistirán ás XXIV Xornadas de Economía Industrial que se celebrarán os vindeiros días 24 e 25 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, organizadas polos grupos de investigación GRiEE e RGEA.
Por primeira vez, esta xuntanza anual de investigadores, iniciada en 1985, desprázase a Vigo na que será a súa edición máis internacional. “A novidade principal este ano é o seu marcado carácter internacional”, remarca Xulia González, coordinadora do evento; deste xeito, ademais de realizar todas as intervencións en lingua inglesa, “o congreso contará coa presenza de Ariel Pakes, profesor de Economía da Universidade de Harvard, e de estudosos de diferentes universidades europeas e americanas”.
07/09/2009