Esta fin de semana o Campus Universitario Ourense volveu ao País Vasco para enfrontarse o domingo, na terceira xornada de liga, a un “equipo duro e con factor casa”, o Babyauto Zarautz RT. Os ourensán perderon o encontro por 32-19, sendo a súa primeira derrota no que vai de tempada. Con este resultado sitúanse, con dúas vitorias e unha derrota, no quinto posto do seu grupo na división de honra B do rugby estatal.
30/09/2019