O impacto do cambio climático nas praias, a nanotecnoloxía e o coñecemento do universo. Estas son as tres achegas da Universidade de Vigo á serie Universo Sostenible, un espazo audiovisual semanal impulsado pola CRUE, en colaboración con Fecyt e Microsoft que emite TVE2. Este martes tivo lugar en Madrid a presentación da primeira temporada, da que xa se estrearon os seis primeiros capítulos, entre eles o protagonizado polo profesor Miguel Ángel Nombela.
09/10/2018