“A idea é que aprendan que hoxe en día o mercado laboral é totalmente aberto, abrirlle os ollos ao concepto transfronteirizo da súa carreira profesional”. Así explica o director da Área de Emprego da Universidade de Vigo, Alejandro Martínez, a principal finalidade coa que se puxo en marcha, hai xa un par de anos, un programa de bolsas de formación complementaria para a realización de prácticas académicas externas extracurriculares con carácter transfronteirizo.
23/05/2018