Este luns faleceu José García-Calvo, Willy, coordinador dos roteiros culturais da Universidade de Vigo desde a súa posta en marcha hai 25 anos. A comunidade universitaria súmase ao pesar de familiares, amizades e cantos o coñeceron.
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo celebrou este martes a súa derradeira sesión deste ano. Nela aprobouse por ampla maioría -38 votos a favor, tres en contra e dúas abstencións- a proposta de orzamentos da institución académica para 2024, que ascende á cifra récord de 248,8 millóns de euros.
Un ano máis, a Universidade de Vigo volverá ter un orzamento récord, desta volta 248,8 millóns de euros para o 2024, o que supón un incremento do 9,17% respecto da cifra do actual exercicio, que foi de 227,9 millóns.
Coa encomenda de convocar novamente eleccións nos próximos meses, o profesor do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente Juan Picos continuará á fronte da Escola de Enxeñaría Forestal como director en funcións.
A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, Agareso, e a Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos, I-M Defensoras, son as dúas entidades gañadoras da IV edición dos Premios Consello Social UVigo Humana.
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) e Anfaco-Cecopesca, organización que aglutina a máis de 250 empresas de todos os chanzos do complexo mar-industria alimentaria, asinaron este xoves un convenio de colaboración de catro anos de duración.
A Universidade e a Autoridade Portuaria de Vigo unirán as súas capacidades e recursos para promover a cultura oceánica entre toda a sociedade mediante a fusión da arte urbana e a ciencia. Así se recolle no convenio de colaboración asinado este mércores polo reitor da Universidade, Manuel Reigosa e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana.
Promovida pola Vicerreitoría do campus e dirixida a concienciar á comunidade universitaria da importancia que ten un correcto tratamento como residuos dos aparellos eléctricos electrónicos, a XVII Semana de Recollida de RAEEs permitiu reunir preto de 900 quilos de equipamentos informáticos, pequenos electrodomésticos e outra serie de aparatos.
A profesora da Universidade de Vigo e directora do Centro de Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx, Concepción Paz Penín, converteuse este martes na décimo sétima investigadora que recibe o Premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas.
A comunidade universitaria recibiu este martes a triste nova do falecemento do catedrático do Departamento de Enxeñaría Telemática e adxunto ao reitor para a Transformación Dixital, José Juan Pazos Arias (Baiona, 1964-2023).
A Universidade dará a coñecer esta semana aos gañadores e gañadoras da IV edición dos Premios Consello Social UVigo Humana. Será este xoves ás 12.00 horas no edificio Redeiras nunha gala presidida polo reitor, Manuel Reigosa, e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.
«Se o feminismo foi a gran revolución do século XX, o cambio do home podería ser unha das máis importantes revolucións sociais do século XXI». Con esta afirmación de Victoria Sau en Nova(s) paternidade(s) arranca o almanaque que a Unidade de Igualdade deseñou para o 2024, doce meses marcados por un mundo de homes, os homes que son e os homes que poderían ser.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este xoves pola tarde un acto de homenaxe á profesora xubilada da Universidade de Vigo Purificación Mayobre.
Alma Gómez, profesora da Escola Superior de Enxeñaría Informática, é a nova coordinadora do Programa Universitario de Maiores (PUM) no campus de Ourense. A nova responsable substitúe no cargo a Alberto Vaquero.
Lembrándose “das persoas que senten similar felicidade á que agora eu experimento”. Así se expresou o catedrático José Benito Vázquez Dorrío ao recoller o pasado serán na sede da Fundación BBVA en Madrid o Premio Ensinanza e Divulgación da Física da Real Sociedade Española de Física.