Coincidindo coa celebración, este xoves 21, do patrón da escola e tamén do Día Internacional dos Bosques, a EE Forestal substitúe por uns días a actividade académica habitual por un conxunto de conferencias e actividades promovidas polo alumnado.
Despois de 48 horas de intenso traballo, o sábado pola tarde chegaba o momento de que os 11 equipos participantes na fase viguesa do HackForGood 2024 presentaran as súas solucións tecnolóxicas cun fin social. O xurado, tras avaliar os proxectos dos preto de 60 estudantes da UVigo inscritos, decidiu conceder o primeiro premio a BATCH-E.
A I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo colaborará coas fundacións Vicente Risco e Otero Pedrayo para dar a coñecer os tres escritores e pensadores nas súa respectivas culturas, no ámbito galego e lusófono.
60 estudantes de diferentes titulacións da Universidade de Vigo responderon á chamada do HackForGood para imaxinar un mundo máis sostible. Dende onte pola tarde e ata mañá sábado dispoñen de 48 horas de traballo para responder a un reto e crear unha solución tecnolóxica cun fin social.
Vicerreitoría e Campus Crea promoven un concurso de vídeos en TikTok, no que convidan á comunidade universitaria a reflectir, dun xeito divertido, o que significa para eles e elas a idea de creatividade.
atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo acolleu este xoves o evento TalentoCibeR e a competición de ciberseguridade CITIC Cyber Competition (C3TF), na que participaron 157 estudantes de toda España repartidos en 40 equipos.
Dende onte mércores e ata o sábado a cidade de Vigo acolle preto dun cento de mozos e mozas que participan no Congreso Nacional de Estudiantes de Derecho, organizado por Conede, a única asociación oficial de alumnos e alumnas do eido xurídico presente en todas as negociacións que afectan ao estudantado de Dereito.
Resultado dun proceso de traballo no que contou coa colaboración dun grupo de estudantes de Belas Artes, o artista británico Simon Callery presenta na tarde deste xoves na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes unha obra de grandes dimensións que é o resultado final de semanas de traballo en contacto directo coas paisaxes do río Lérez, Cabo Udra e Mogor.
O terceiro número, o correspondente a 2024, de Ágora. Revista Universitaria de Cultura, xa está dispoñible. Nela participan egresados e alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense.
Unha sinerxía entre a música sinfónica e a tradición sonora galega. Isto é o que propón a Vicerreitoría para unha nova edición do Concerto de Primavera do campus, que nesta ocasión terá como protagonistas a Orquestra Xove de Pontevedra e as aulas de música e baile tradicional do campus.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este martes unha xuntanza de alumnado de cuarto curso dos seus graos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e de Enxeñaría Agraria con alumnado homólogo das mesmas titulacións da Universidad de León.
O HackForGood, un dos hackatons máis populares de España, regresa esta semana de xeito simultáneo a 25 de universidades de 16 cidades todo o Estado na que será a súa novena edición.
Desde este xoves pola tarde, a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle nos seus muros unha nova proposta creativa. Trátase da exposición sóloEDADES, do artista Fernando Barreira.
Promover unha reflexión sobre as “novas derivas” da arte gráfica cara unha “arte múltiple máis complexa e expansiva, que se instala no espazo”. Ese é o obxectivo dunha convocatoria impulsada polo grupo de investigación dx5 e aberta tanto á participación de estudantes de Belas Artes como de titulados e tituladas de 2014 en diante.
Co gallo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense inaugurou este xoves a exposición Flora, ou a educación dunha nena na sociedade tradicional.