Alumnado da Facultade de Dereito do campus de Ourense visitou este luns a Deputación de Ourense para coñecer o funcionamento interno, desde o punto de vista técnico, da institución provincial. Na súa visita foron recibidos por Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira.
Tras a reunión que a pasada semana mantiñan o reitor da Universidade de Vigo e o presidente da Deputación de Pontevedra, a institución provincial anunciou este luns un investimento de 165.000 euros para impulsar unha serie de proxectos conxuntos no 2024.
O Consello de Campus de Ourense celebrou este venres unha sesión ordinaria que, presidida por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, tivo como protagonista principal o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense.
Por ser un exemplo da implicación activa das docentes e investigadoras da Universidade de Vigo a prol da igualdade de xénero, a institución académica viguesa concedeulle o Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec, iniciativa que naceu no 2017 no campus de Vigo.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
O programa de eventos para conmemorar o Día Internacional da Muller no campus de Vigo arrancou hoxe mércores cunha xornada sobre as mulleres nas artes escénicas. Celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución, reuniu ás actrices galegas Patricia de Lorenzo e Arantza Villar.
No presente curso, a Universidade de Vigo impulsaba por primeira vez unha convocatoria de axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparación de competicións internacionais oficiais, na que foron seleccionados tres estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
A catedrática Rebeca Pilar Díaz Redondo opta en solitario á reelección como directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, tal e como se confirmou este mércores coa publicación definitiva de candidatos/as. As eleccións serán o vindeiro mércores, día 13.
Analizar novas vías de cooperación entre Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra foi un dos obxectivos da reunión que este martes mantivo o reitor, Manuel Reigosa, co presidente da institución provincial, Luis López.
Co concepto de tempo como núcleo temático, a Semana Galega de Filosofía celebrará do 1 ao 5 de abril os seus 40 anos de traxectoria, e farao contando novamente coa colaboración da Universidade de Vigo.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense súmase á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa posta en marcha dun concurso fotográfico. A súa temática, indican desde o centro, é A muller de hoxe.
Tras recibir o apoio do 88% das persoas participantes na Xunta de Facultade celebrada este xoves, Óscar García afrontará un segundo mandato á fronte de Ciencias da Educación e do Deporte.
Un nutrido grupo de xefas e xefes de servizo de responsables do eido económico da Universidade de Vigo participaron este xoves nunha xornada formativa sobre prevención da fraude e dos conflitos de interese. A actividade, organizada polo Consello Social e a Xerencia, enmárcase dentro das esixencias do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) ás entidades que asumen a responsabilidade de executar os fondos.
A Escola Infantil Concepción Saiz Otero do campus de Ourense ten aberto o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2024/2025. O centro forma parte do programa de gratuidade no primeiro ciclo de educación infantil da Xunta de Galicia.