Despois de oito meses de parón na competición debido ao impacto da covid-19, a competición de rugby volve a Ourense. O Campus Universitario Ourense Rugby Club xoga o domingo 25 de outubro o seu primeiro encontro desta tempada, onde volve a competir na división de honra B so rugby estatal. O partido, que se disputará no campo de fútbol-rugby do campus de Ourense, será contra o equipo navarro La Única RT, de Pamplona, que ascendeu recentemente a esta categoría.
23/10/2020