A actual situación sanitaria xa está a levarse por diante tamén as festas universitarias. Se a semana pasada era a quenda da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, que non realizou ningún tipo de evento, este mércores é a celebración oficial do patrón da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Pero “ante a evolución da pandemia da covid-19 e a falta de noticias alentadoras”, a Delegación de Alumnado decidiu cancelar a celebración de San Teleco 2020.
29/09/2020