A profesora do Departamento de Química Física María de los Ángeles Peña é a única candidata nas eleccións a decanato da Facultade de Química. A súa candidatura, composta por Marta Teijeira e Francisco Javier Pena como vicedecana e vicedecano, respectivamente, e Emilia García como secretaria, será sometida á vontade do centro o vindeiro mércores día 13 cando se celebrará a votación en Xunta de Facultade.
07/11/2019