Este xoves, as e os representantes dos oito proxectos innovadores que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, apoia para avanzar na loita contra a COVID-19, seis deles promovidos por pemes galegas e dous máis deseñados polas universidades de Vigo e Santiago, mantiveron unha xuntanza telemática con Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria. No caso da Universidade de Vigo, trátase dun proxecto centrado no desenvolvemento e validación de operativas de voo con sistemas aéreos non tripulados (drones) para efectuar tarefas de desinfección contra o coronavirus.
14/05/2020