A necesidade de salvar a distancia que separa aos fármacos que desenvolven grupos de investigación básica dos ensaios clínicos, evitando así que moitos produtos queden agochados nos laboratorios, está na orixe da Rede Europea en Inmunoterapia, Immunonet, que a iniciativa e coa coordinación da catedrática do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo, África González, acaba de iniciar a súa andaina.
A cura de enfermidades a través da estimulación do sistema inmune reuniu nesta rede, única en Europa, a centos de investigadores que desenvolven o seu labor en 13 universidades, hospitais e empresas de España, Francia e Portugal. Unha área xeográfica que permitiu a Immunonet acadar un financiamento de máis dun millón de euros do programa Interreg SUDOE-FEDER.
17/07/2009