O Consello de Goberno aprobou por unanimidade remitir á Xunta de Galicia, para o seu estudo, a oferta de novos Programas Oficiais de Posgrao para o curso 2008/2009, que inclúe un total de 17 propostas de título de máster e doutor nos ámbitos tecnolóxico ,científico, xurídico-social e humanístico.
Aínda que inicialmente presentáronse un total de 19 propostas, dúas non recibiron o informe favorable da Comisión de Estudos de Posgrao. Segundo a vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea, Carmen García Mateo "reforzamos nesta convocatoria o caracter profesionalizante dos másters na Universidade de Vigo, cunha duración preferida de 60 créditos ECTS, ou sexa, un curso académico, e cunha considerable participación de empresas e institucións para a realizacion de prácticas".
20/11/2007