No seu afán por promover o multilingüismo e propiciar o coñecemento doutros idiomas e culturas, o Centro de Linguas abre hoxe o prazo de matrícula para os cursos do segundo cuadrimestre. Ofértanse no campus de Vigo doce idiomas e un total de 17 cursos que comprenden alemán, alemán na modalidade de conversa, árabe, catalán, chinés, español para estranxeiros, francés, francés en modalidade de conversa, inglés, inglés en modalidade de conversa, italiano, lingua de signos española, a modalidade de conversa da lingua de signos española, portugués intercomunicativo, ruso, xaponés e o curso de preparación do DELE.
19/01/2009