Os investigadores David Novoa e Humberto Michinel, da Universidade de Vigo, xunto cos seus compañeiros Víctor Manuel Pérez, da Universidade de Casilla-La Mancha e Boris Malomed, da Tel-Aviv University israelí, ocupan a portada do último número da revista de física máis prestixiosa do mundo, a Physical Review Letters, cun recente descubrimento. Supersolitones: unha nova forma de transmitir información, é o título do traballo que mereceu tan relevante recoñecemento e nel se explica como da onda de choque entre solitones atómicos xurde un novo tipo de solitón: un supersolitón, que non sofre dispersión e que se transmite dun átomo a outro sen cambiar de forma.
“O interesante do descubrimento”, afirma Michinel, “é que abre a posibilidade de comunicar átomos entre si de xeito totalmente eficiente e forte a través de canles clásicas”, pese á natureza intrinsecamente cuántica dos sistemas atómicos.
10/10/2008