Cando os nenos e nenas da Escola Infantil do campus de Ourense saíron do centro esta mañá, todos en fila, agarrados cada un ao mandilón do que ía diante, e viron o que lles agardaba na porta quedáronse abraiados. Había un coche da Policía Nacional, coma eses que se ven na televisión ou nas rúas, coas portas abertas para eles, coas luces acesas e a sirena soando. Pasada a sorpresa inicial, os alumnos máis cativo da gardería universitaria fixéronse co coche policial en cuestións de minutos e puideron coñecer de primeira man o traballo que fai o papá de Sofía, unha das compañeiras da aula. Carlos Vázquez, foi o pai que, xunto á axente Lorena, estivo encargado de achegarlle aos cativos o seu traballo diario.
03/06/2013