DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Esta semana arrancaron a súa actividade

50 persoas fórmanse este curso nas aulas de teatro do campus

Coa participación de membros da comunidade universitaria e persoas alleas a ela

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Teatro
  • Cultura
DUVI Ourense 19/10/2023

50 persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, fórmanse este curso académico nas tres aulas de teatro do campus de Ourense, que este mércores arrancaron a súa actividade. A aula Rosaura, o primeiro nivel, está aberta ás e aos que se inician nas artes escénicas “de xeito ameno e creativo”. O segundo nivel, Cordelia, está dirixido ás e aos que xa teñen algo de experiencia (persoas que superaron o primeiro nivel e que traballarán na creación de personaxes, a dramaturxia e todos os elementos que rodean unha obra). Por último, Maricastaña acolle ás e aos que teñen un nivel máis avanzado, adentrándose o seu alumnado no universo que supón unha posta en escena. Estas aulas de teatro, dependentes da Vicerreitoría do Campus de Ourense, están enmarcadas na programación de obradoiros de extensión universitaria que cada cuadrimestre se ofertan con apoio da Deputación Provincial. Están coordinadas desde a compañía Sarabela Teatro por Fernando Dacosta. A súa actividade desenvólvese cada semana nas instalacións universitarias.