DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Con aperturas especiais nocturnas e durante as fins de semana e festivos

Achéganse os exames e as bibliotecas amplían horario

Estenderanse ata o día 7 de xullo

Etiquetas
  • Estudantes
  • Vigo
  • Estudantes
DUVI 22/04/2019

O segundo cuadrimestre está no último tramo, achéganse os exames e coma todos os anos nestas datas a Universidade de Vigo pon en marcha a programación de aperturas especiais das bibliotecas dos tres campus, programación que se estenderá ata o día 7 de xullo. Os novos horarios inclúen as fins de semana, así como aperturas nocturnas que se iniciarán o vindeiro luns 29 de abril. 

Durante este período, a Biblioteca Central de Vigo estará aberta de 9 a 21 horas durante as fins de semana así como nos festivos do 1 e 17 de maio. Por outra banda, tanto a biblioteca de Torrecedeira como a Biblioteca Central de Pontevedra, abrirán as súas portas de 8 a 22 horas nesas mesmas datas. Por último, a Biblioteca Central de Ourense estará a disposición do estudantado entre as 8 e as 21 horas durante as fins de semanas e festivos entre abril e xullo.

Será a partir do 29 de abril cando a Biblioteca de Torrecedeira e as bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra abrirán en horario nocturno, ata as 3 da madrugada, para que o alumnado poida dar un último empurrón para enfrontar os exames deste segundo cuadrimestre.