Interconectar recursos, realidades, obxectos e vincular contextos, co obxectivo de desenvolver narrativas da historia, que lle conten algo novo ou que lle deixen un espazo aberto á reflexión ás e aos consumidores de bens culturais. Con esta filosofía púñase en marcha a mediados do ano 2016 o proxecto europeo Crosscult, no que once socios europeos, entre eles a Universidade de Vigo, acadaron unha subvención de máis de 3,5 millón de euros, co obxectivo de mellorar o coñecemento de Europa a través da conexión dos seus bens culturais.
02/02/2018