11 membros do Parlamento de Galicia, encabezados polo seu presidente, visitaron este mediodía a mostra do Pergamiño Vindel, Un tesouro en sete cantigas, que se prolongará ata o vindeiro mes de marzo no Museo do Mar de Galicia. Xunto a Miguel Santalices e á secretaria da mesa do Parlamento, Raquel Rodríguez; o voceiro do PP, Pedro Puy; PSOE, Joaquín Fernández Leiceaga; En Marea, Luis Villares e BNG, Ana Pontón e os integrantes da Comisión 4ª de Cultura, César Fernández, Antonio Mouriño, Teresa Egerique, Moisés Rodríguez e Olalla Rodil, tiveron ocasión hoxe de achegarse ao manuscrito que recolle a obra de Martin Codax, que desde a súa chegada a Vigo, o pasado mes de outubro, xa foi visitada por máis de 35.000 persoas.
31/01/2018