Uvigo Motorsport, equipo de automoción formado por 27 estudantes de diferentes graos da Universidade, principalmente das enxeñerías, prepárase para a nova tempada da Formula Student, a competición interuniversitaria automobilística máis importante de Europa, na que levan participando dende 2015. O equipo está a ultimar o deseño do novo monopraza, que presentará algúns cambios respecto do seu antecesor e cos que tentarán superar os resultados da tempada pasada e rematar, tamén, coa maldición do circuíto de Hockenheim, en Alemaña, no que, por mor dun erro no coche, non conseguiron pór en pista o UM17.
15/12/2017