Diálogos España–Portugal é unha iniciativa organizada polo Foro Económico de Galicia e patrocinada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e pola consultora EY que nace coa intención de converterse nun punto encontro do tecido empresarial, político, académico e social para debater sobre os desafíos económicos de ambos países. A primeira edición deste evento celébrase este xoves no Parador de Baiona e conta coa participación, entre doutros, do ministro de Economía da República Portuguesa, Manuel Caldeira Cabral, e da secretaria de Estado de Economía do Goberno español, Irene Garrido.
16/11/2017