Antonio Méndez, profesor na Universidade de Valencia, atesoura unha grande experiencia no campo da comunicación e a influencia desta no eido social. Alén das investigacións académicas, representa unha das voces poéticas máis recoñecidas e influentes dentro da súa xeración, cunha obra na que explora, mediante a lírica, determinadas cuestións persoais para relacionalas, despois, coa actual situación política. Este xoves, Antonio Méndez Rubio ofreceu unha conferencia no salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución, organizada pola Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo.
26/10/2017