En marzo de 1958 Citroën Hispania iniciou a súa actividade en Vigo co ensamblado da furgoneta Azu, versión derivada do coñecido 2CV. Hoxe, case 40 anos despois, e convertidos no Grupo PSA Vigo a fábrica está considerada un dos piares básicos da economía galega e representa o 30% das exportacións desta comunidade. A importancia deste sector, tanto a nivel local como global, non pasou desapercibida para os profesores Rafael Vallejo, da Universidade de Vigo, e Margarita Vilar, da Coruña, que decidiron centrar neste ámbito da industria o X Congreso España-Italia de Historia Económica, un encontro bilateral que se prolongará hoxe venres e mañá sábado.
20/10/2017