O programa Ignicia foi posto en marcha neste 2017 pola Axencia Galega de Innovación, Gain, como unha aposta por trasladar os resultados da investigación a unha etapa de explotación comercial. Nunha primeira fase preseleccionáronse 25 proxectos de universidades, centros de investigación e hospitais, entre eles sete da Universidade de Vigo. Na fase de maduración e investimento o xurado finalmente elixiu sete proxectos en total, tres da Universidade de Vigo, outros tres de Santiago e un de Gradiant. Agora, a Xunta de Galicia en colaboración da Fundación Barrié, acaban de dar a coñecer o financiamento que recibirá cada un dos proxectos: 469.700 euros para UbiSmart, promovido por Felipe Gil, Francisco Javier González, Alexandre Bastos e Raja Bose; 443.792 para XHS Platform, de Fernando Aguado, Arno Formella, Ricardo Tubío, Alberto González e Diego Nodar e 247.120 para Biofast, liderado por Pío González, Julia Sierra e Stefano Chiussi. En total, os tres proxectos da Universidade recibirán 1.160.000 €.
19/09/2017