Investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo, o Instituto Español de Oceanografía e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas desenvolven o proxecto científico Remedios (RolE of Mixing on phytoplankton bloom initiation, maintEnance and DIssipatiOn in the galician ríaS, ) que ten como finalidade determinar o papel da turbulencia no crecemento do fitoplancto tóxico que provoca as mareas vermellas nas rías galegas. O estudo, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade arrancou a comezos de 2017 e desenvolverase ata finais de 2019, coordinado polos investigadores Beatriz Mouriño, do Grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade, e Enrique Nogueira, do IEO-Vigo. Xunto con estes organismos, forman parte do proxecto o Intecmar, a Universidade de Southamptom, o Ifremer (Francia) e o Scripps Institution of Oceanography (EEUU).
15/09/2017