O kiwi é un importante cultivo arredor do mundo e dada a súa importancia lévase celebrando desde 1987 o International Symposium on Kiwifruit, do que este ano se celebra a novena edición en Porto entre o 6 e o 9 de setembro. Anteriormente, os países encargados de acoller este simposio sempre foron os que maior produción teñen a nivel mundial, como China, Italia, Nova Zelandia, Chile e Grecia, e “nós somos os primeiros en romper esa hexemonía, polo que deberiamos estar orgullosos, aínda que é importante sinalar que só conseguimos estar por diante de Turquía, Francia, Irán, Xapón, USA e Arxentina pola unión da Península Ibérica”, explica o organizador do evento.
28/07/2017