A EE de Minas e Enerxía abriu esta semana un espazo de descanso que ofrece ao alumnado un lugar no que pensar, conversar, traballar, debater, meditar, ensaiar, etc. Deste modo, os alumnos e alumnas poderán reunirse de forma informal fóra dos emprazamentos tradicionais ou simplemente recuperar enerxías, descargar tensións acumuladas e relaxarse para continuar con éxito a súa xornada de estudo e traballo. Ademais, o espazo, que recibe o nome de Vitamina, tamén poderá ser empregado para actividades docentes e, de feito, pese á súa recente inauguración, xa foi utilizada con estes fins polo profesorado.
11/05/2017