Spleen, Banda Base, Ripley e Yo, el gordo y postcoitallica son as catro bandas escollidas para protagonizar o concerto Ensaiamos Colleita 2017, un clásico da programación cultural de primavera cando están a piques de rematar as clases, e que ven con sorpresas en forma de sorteos para os asistentes. Os grupos seleccionados para esta ocasión encherán as instalacións do Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria de sons inspirados no rock, blues, folk e outras fusións musicais. A cita, na que tamén se elixirá á mellor banda do ano, que será premiada coa gravación dunha maqueta, será mañá xoves a partir das 17.30 h.
26/04/2017