A Facultade de Bioloxía será a sede este verán da undécima edición do congreso da Asociación Ibérica de Endocrinoloxía Comparada, un encontro internacional de científicas e científicos especializados no estudo dos sistemas endócrinos dos animais, tanto en vertebrados (peixes, anfibios, réptiles , aves…) como invertebrados (insectos, moluscos, crustáceos…). A cita está coordinada polo catedrático José Luis Soengas, director do Laboratorio de Fisioloxía Animal, que explica que os principais sectores nos que inciden os estudos desta rama científica, son todos os relacionados coa produción animal, sobre todo a acuicultura de peixes, que é o eido no que traballan a maioría dos grupos de investigación, tanto de España como de Portugal, relacionados con estas cuestións. O congreso celebrarase do 13 ao 15 de xullo e nel participarán arredor dun cento de especialistas.
20/03/2017