Co obxectivo de renovar e reforzar a formación, o Coro Universitario desenvolverá esta semana e a seguinte un proceso de selección de novas voces no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial en Torrecedeira, espazo de ensaio habitual da formación musical. Ás audicións, que terán lugar os días 7,9, 14 e 16 de febreiro entre as 20.00 e as 22.00 horas, poderá concorrer calquera persoa, incluso aquelas que non estean vinculadas ao ámbito universitario e non teñan formación musical previa. Baixo o lema Mergúllate no mundo da música, as audicións que comezarán mañá martes teñen o obxectivo de incorporar ao Coro, tanto voces femininas como masculinas.
06/02/2017