“Antes de nada, quero amosar o meu maior agradecemento e orgullo polo traballo ímprobo que están a realizar todos os Servizos Informáticos da UVigo, desde Sistemas, co control e mantemento dos servidores no CPD (Centro e Procesos de Datos); SAUM (Sistemas de Atención ao Usuario); soporte e desenvolvemento de aplicacións (personal, contabilidade, nóminas, pedidos, contratación, etc), porque están a conseguir, entre todos, que medidante a conexión vía VPN-escritorio remoto ou aplicacións vía web, todos os servizos da Universidade poidan ser atendidos desde casa, permitindo a continuación do traballo e bo funcionamento da institución, dentro das limitacións impostas por esta situación".
18/03/2020