Ir máis aló dos filamentos que de forma xeral se empregan coas impresoras 3D e explorar as posibilidades que outorgan diferentes tipos de materiais é un dos obxectivos centrais do Taller de impresión 3D que a Vicerreitoría do campus promove para este segundo cuadrimestre, complementando o programa de obradoiros de Extensión Universitaria abertos a toda a cidadanía. O curso, que busca servir como continuación ao obradoiro centrado nestas tecnoloxías, mantén aberta desde esta semana a súa inscrición na plataforma Culturxest, e desenvolverase nas tardes dos martes, a partires do 6 de marzo, na Escola de Enxeñaría Forestal.
15/02/2018