Entre os grupos de artes escénicas cos que conta o campus de Ourense está a aula de música tradicional galega, unha das máis consolidadas no campus de Ourense.
Baixo o título Applying drones to current societal and industrial challenges preséntase unha nova publicación que ten como editores aos profesores da Universidade de Vigo Diego Carou e Antonio Sartal e a J. Paulo Davim, da Universidade de Aveiro.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications.
Co título Seguridade alimentaria “da granxa á mesa”, a Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este venres a celebración da II Xornada anual sobre políticas alimentarias, organizada polo grupo de investigación deste centro Food and Health Omics.
Este martes a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolleu a primeira xuntanza de traballo da rede estatal AI4PolypNet, creada para mellorar os sistemas de detección e de diagnose de cancro colorrectal empregando intelixencia artificial.
Desde este luns e ata o sábado 20, un equipo liderado desde o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo desenvolve unha intervención arqueolóxica no abrigo de Peña Piñera, en León.
Este xoves pola tarde arrancou a 29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) e fíxoo coa estrea no centro da cidade do espectáculo de rúa Operación rescate, da aula de teatro do campus de Ourense Rosaura.
A convocatoria de axudas a grupos de investigación do campus de Ourense Inou-Campus Auga, feita pola Universidade de Vigo con financiamento da Deputación de Ourense, xa ten proxectos gañadores.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle este xoves e venres, 11 e 12 de abril a celebración do IV PRICIT Doctoral Workshop. Nela abordaranse temas de actualidade en eidos como a contabilidade, a auditoría ou o control de xestión.
Un equipo do grupo Environmental Physics Laboratory (EphysLab), do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, está a desenvolver o proxecto estatal Setestrelo. Ao seu abeiro realizan unha avaliación en alta resolución do transporte de humidade no Atlántico norte.
A alumna da Universidade de Vigo Andrea Montes conseguiu esta fin de semana a medalla de prata no Campionato de España Universitario de Halterofilia, celebrado en Los Alcázares (Murcia).
O edificio Politécnico do campus de Ourense acolle estes días a mostra O herbario de Rosalía. Nela pódense ver fotografías dunha selección das herbas, plantas e árbores citadas pola escritora galega ao longo da súa obra.
Este venres celebrouse no campus de Ourense a clausura e entrega de diplomas do XII Curso de Intervención Socioeducativa con Persoas Afectadas pola Enfermidade de Alzhéimer.
O campus de Ourense acolle este xoves a celebración das XXI Xornadas Interxeracionais. Nelas, máis de 150 persoas de idades e capacidades diversas conviven e estreitan lazos a través de actividades lúdicas.