A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra acaban de asinar un novo convenio de colaboración grazas ao cal se estenderán ata 2028 os cursos gratuítos de español para inmigrantes maiores de 16 anos.
Arredor de medio centenar de persoas participa esta semana na Universidade de Vigo na primeira xuntanza en Europa do proxecto Ibero4Jobs. A iniciativa reúne a especialistas de universidades e organismos de Colombia, México, Portugal e España.
Un ano máis, a Universidade de Vigo embárcase en La Aventura del saber. O programa de TVE2, que estreará nova temporada mañá mércores 3 de abril, volverá contar coas universidades españolas na sección Universo Sostible.
Baixo o lema de Filosofía e tempo, este luns daba comezo a XL Semana Galega de Filosofía, que ten como propósito afondar nas múltiples dimensións do concepto que centra esta edición e conmemorar os seus 40 anos de traxectoria.
A Universidade de Vigo participa nun proxecto coas universidades de Oviedo e Leicester (Reino Unido) para o desenvolvemento de sistemas de potencia para vehículos ambulantes non tripulados (máis coñecidos como ‘rovers lunares’) combinando paneis solares, baterías e xeradores termoeléctricos de radioisótopos.
Valorar e dar visibilidade ás investigadoras da institución, ademais de tratar de espertar a vocación científica entre a mocidade galega con figuras femininas da súa contorna como referencia dun novo volume, o cuarto xa, do catálogo Quero ser investigadora.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este luns en Santiago de Compostela o seu Informe de conxuntura socioeconómica 1/2024.
A realización dunha curtametraxe é un dos traballos que o alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual ten que desenvolver no marco da materia Guión, produción e realización de ficción, e neste labor contarán co asesoramento de “recoñecidos profesionais do audiovisual galego”.
O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo, coñecido polo acrónimo de CACTI, celebra este 2024 o seu 30 aniversario e faino convertido nun centro de referencia, “dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación na nosa contorna".
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense, celebrou este venres en Santiago de Compostela unha xuntanza de traballo coa conselleira en funcións de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana.
Co gallo da celebración da Semana Santa, os centros, dependencias e instalacións da UVigo pecharán durante o período comprendido entre o 25 e o 27 de marzo, ambos os dous incluídos.
“Unha viaxe diversa e enriquecedora coa que dar a coñecer as letras francófonas”. Así describen as investigadoras Blanca Miranda, Virginia Ripoll e Carla Figueiras a mostra Voyage à Travers les livres, unha exposición de libros francófonos que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución.
Este xoves, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down 2024. Sumándose a este compromiso, a Facultade de Ciencias do campus de Ourense abriu as súas portas esta semana a membros da asociación Down Ourense para participar nunha acción de sensibilización ambiental.
Especies de elasmobranquios costeiros como a raia mosaico (Raja undulata) ou o melgacho (Scyliorhinus canicula) centran desde o ano 2019 os estudos de investigadores e investigadoras do IIM-CSIC, d UVigo, do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e do Cetmar.
A innovación é neste 2024 o lema escollido polas Nacións Unidas para conmemorar, este xoves 21 de marzo, o Día Internacional dos Bosques, que a Escola de Enxeñaría Forestal celebraba coa plantación dun metrosidero