A Facultade de Historia do campus de Ourense organizou este xoves a xornada Mulleres no tempo. A cita contou con tres conferencias. O centro ten previsto celebrar unha segunda sesión destas xornadas o 31 de outubro xa do vindeiro curso académico.
Entre os grupos de artes escénicas cos que conta o campus de Ourense está a aula de música tradicional galega, unha das máis consolidadas no campus de Ourense.
Baixo o título Applying drones to current societal and industrial challenges preséntase unha nova publicación que ten como editores aos profesores da Universidade de Vigo Diego Carou e Antonio Sartal e a J. Paulo Davim, da Universidade de Aveiro.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications.
Os días 26, 27, 28 de abril O Carballiño (Ourense) acollerá a celebración do XXXV Encontro Galego-Portugués de Educadoras/es pola Paz. A cita volverá a reunir a un amplo colectivo da comunidade educativa dos dous países.
Co título Seguridade alimentaria “da granxa á mesa”, a Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este venres a celebración da II Xornada anual sobre políticas alimentarias, organizada polo grupo de investigación deste centro Food and Health Omics.
A violencia sexual e xénero centra un ciclo de conferencias que terá lugar os días 18 e 30 de abril e o 2 de maio na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense. En total serán cinco as intervencións que se levará a cabo.
Este martes a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolleu a primeira xuntanza de traballo da rede estatal AI4PolypNet, creada para mellorar os sistemas de detección e de diagnose de cancro colorrectal empregando intelixencia artificial.
Case unha vintena de estudantes de terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria do Colexio Santo Ángel (Calasancias) de Ourense expuxeron este luns na Facultade de Historia do campus os traballos que realizaron no marco do proxecto Conecta sobre o mundo clásico.
Desde este luns e ata o sábado 20, un equipo liderado desde o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo desenvolve unha intervención arqueolóxica no abrigo de Peña Piñera, en León.
Cada ano a Facultade de Dereito do campus de Ourense organiza un Curso de Actualización Xurídica centrado en temas de carácter transversal e/ou de actualidade en diferentes áreas do dereito.
Este xoves pola tarde arrancou a 29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) e fíxoo coa estrea no centro da cidade do espectáculo de rúa Operación rescate, da aula de teatro do campus de Ourense Rosaura.
A convocatoria de axudas a grupos de investigación do campus de Ourense Inou-Campus Auga, feita pola Universidade de Vigo con financiamento da Deputación de Ourense, xa ten proxectos gañadores.
A Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense celebra este mes de abril o curso China: cultura e sociedade. Será os días 12, 13, 19 e 20 de abril.