Como colofón á programación deportiva deste cuadrimestre, a Área de Benestar, Saúde de Deporte do campus de Ourense celebrou este martes unha Masterclass de Zumba de carácter solidario no pavillón de deportes universitario. Aberta a todas as persoas interesadas, a actividade, organizada en colaboración con AQA Ourense, contou coa participación de arredor de 60 persoas e tres monitoras e monitores.
18/12/2019