Desde este luns e ata o 28 de outubro, a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense acolle as conferencias A pornificación do corpo das mulleres: o feminismo da cuarta onda. O seu obxectivo, explica a profesora María Lameiras, directora da iniciativa xunto a Yolanda Rodríguez, “é sensibilizar sobre a realidade da hipersexualización e obxectivización do corpo das mulleres dentro dunha sociedade patriarcal que segue a considerar á muller un obxecto de desexo e ao home o suxeito do desexo”.
30/09/2019