Como recoñecía o director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Íñigo Cuiñas, o espazo central do edificio era un lugar amplo e luminoso, pero moi frío. De aí a necesidade de humanizalo, de facelo habitable para que se convertese nun punto de encontro e lecer para estudantes, docentes e persoal do centro. Finalmente, a proposta elixida foi a de Laura Antelo, unha obra mural titulada Luz Fractal.
07/06/2018